Venres. 26.04.2024
El tiempo

Gran susto no San Paio de Refoxos ao entrar un coche en dar dúas voltas de campá

Gran susto no San Paio de Refoxos ao entrar un coche en dar dúas voltas de campá
Volcou un coche dentro do San Paio de Refoxos Volcou un coche dentro do San Paio de Refoxos

Menudo susto levaron a pasada tarde de venres 27 de abril todos os presentes no campo do San Paio de Refoxos. Desputábanse os choques de Benxamíns e Alevíns do Unión Club Cee contra os equipos dos Miúdos.

Estaba comezando o choque de alevíns, cando unha señora entraba no recinto deportivo co seu coche “sencarné” e recollía ao seu neto, benxamín do Cee que xa rematara o seu partido. Cando quería dar a volta para volver saír do recinto, perdeu o control e no canto de frear o coche aceleraba máis e máis, golpeando contra o valado do campo, rompéndoo por completo, e dando dúas voltas de campana, coas que invadiu o terreo de xogo.

A señora sinalaba que non lle freaba o coche, e a realidade debeu ser que lle quedou atrancado o pé no acelerador, porque estando boca abaixo aínda seguía acelerando. Directivos e público puideron dar volta ao vehículo, sacando aos dous tripulantes.

Co susto, supendeuse o partido, á espera da ambulancia, que tardou 45 minutos en chegar. Por fortuna, a señora apenas tivo ningún problema, pero o cativo si que sufriu un gran susto, polo que estivo deitado no chan un bo anaco, sendo atendido por unha enfermeira que estaba polo público.

Escena surrealista que se saldou sen consecuencias.

Fonte

Comentarios