Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#ImposibleSenTi: #ONosoDerbi xógase tamén na Costa da Morte

#ImposibleSenTi: #ONosoDerbi xógase tamén na Costa da Morte

Fermosa a campaña #ImposibleSenTi que arman as directivas do Deportivo e Celta para facer do #ONosoDerbi unha experiencia máis amable, máis ao estilo vasco. E unha das accións que veñen de realizar é este vídeo, que se ben non ten moito acento, si que ten parte costeira.

A historia de Anxo e Roque é ben fermosa, e ten curiosidades. É o ceense Toño Casais o que fai de Anxo, ese pai mariñeiro, deportivista, que intenta evitar o virus celeste que sofre o seu rapaz Roque. Curioso que en realidade, o rapaz é coruñés e do Celta, e Toño, a pesar de non ser moi futboleiro é culé, pero recoñece que nun derbi é de cor branquiazul.

O vídeo ten máis relación coa nosa bisbarra pois ademais de en Vilanova de Lourenzá e Ribadeo, foi gravado en Muros, e mesmo estiveron en Fisterra sacando algunhas fotos para a promoción.

E quédanos aínda outra vinculación costeira, que chega en clave futboleira. Aquí vemos ao mazaricán Federico Pérez, animador da última Gala do Fútbol da Costa-QPC, no partido de promoción da campaña na Madroa. Que maneira de cubrir o balón!!

Federico Perez Rey no partido do noso derbi Federico Perez Rey no partido do noso derbi  

Fonte

Comentarios