Martes. 07.04.2020
El tiempo

Unha inmersión audiovisual e xornalística no cole

Lúa Louro, Ubaldo Cerqueiro, Juan Ventura e Josiño Mira deron sendas Charlas sobre a prensa no Eugenio Lopez-Foto-Gustavo Zuín da ANPA Uxío
Lúa Louro, Ubaldo Cerqueiro, Juan Ventura e Josiño Mira deron sendas Charlas sobre a prensa no Eugenio Lopez-Foto-Gustavo Zuín da ANPA Uxío
Unha inmersión audiovisual e xornalística no cole

Encántanos ver coles activos, en boa parte, gracias ás súas ANPAS. A ANPA Uxío é unha desas que mobiliza, que xera, que provoca novas experiencias para o alumnado do CEIP Eugenio López. Así aconteceu esta pasada semana, co gallo da Semana do Audiovisualm unha desas actividades que serven para romper a monotonía e levar de viaxe á rapazada a través de persoeiros singulares.

Foron varias as aulas que disfrutaron das charlas de varios profesionais da comunicación da comarca. Juan Ventura Lado (La Voz), Josiño Mira (Radio Nordés-Cadena Ser), Lúa Louro (experta en Wordpress e comunicación online) e Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) contaron as súas experiencias sobre como se contan as historias que pasan ao noso arredor.

Novas relacionadas

comentarios