Xoves. 25.04.2024
El tiempo

José Ramón Soraluce Blond impartirá unha conferencia xacobea en Cee

Logo de Facer Camino
Imaxe do programa Facer Camiño
José Ramón Soraluce Blond impartirá unha conferencia xacobea en Cee

Este sábado 26 de setembro ás 20.00 horas, a Casa de Cultura de Cee acolle a conferencia ”A reconstrución de monumentos no Camiño de Santiago”, impartida por José Ramón Soraluce Blond, catedrático de composición arquitectónica (historia da arte) do Departamento de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidad de A Coruña.

A conferencia, na que se tratará de varias igrexas da comarca de Fisterra, entre outros moonumentos, está encadrada no Ciclo “FACER CAMIÑO”, complemento cultural da exposición itinerante do mesmo nombre, coordenada pola Academia Galega de Belas Artes, coa colaboración da Xunta de Galicia. Recolle traballos de de doce creadores académicos inspirados no tema da peregrinación e que ata o 30 deste mes pode visitarse na Casa de Cultura de Cee.

De seguido, debate co arqueólogo e museólogo Felipe Senén arredor do camiño de Santiago e a súa prolongación cara ó finis terrae.

Comentarios