Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis conflicto laboral en Ferroatlántica

Máis conflicto laboral en Ferroatlántica
Baixan revoltas as augas no que a relación entre traballadores e empresa se refire. A CIG ven de esixir a empresa e centrais sindicais estatais que desistan da negociación  do que denominan “Acordo Marco” para sustituir os convenios de empresa no grupo Ferroatlántica. Fabrica-de-Ferroatlantica-en-Cee Fabrica-de-Ferroatlantica-en-Cee Amosan así o seu total rexeitamento ao denominado "Acordo Marco" que a empresa pretende sacar adiante coa complicidade das organizacións sindicais nacionais (UGT e CC.OO.) e que suporá vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade, tal e como manifestou nunha das reunións a que foi convocada en Madrid e na que ao igual que o comité de Cee Dumbria-CCHH e os delegados de Ramsa da mina de Serrabal, presentaron os escritos correspondentes pedindo que Dirección de empresa e Centrais Estatais desistan da citada negociación do "Acordo Marco". Esta negociación constitúe unha usurpación da lexitimidade de negociación dos comités dos centros de traballo, din desde a CIG, xa que a dirección recoñece como interlocutores aos representantes das centrais sindiciais, e non a representación legal elixida polo centro de traballo. No escrito presentado na reunión por esta central sindical, indicase que con esta negociación vulnérase o «principio de non concurrencia entre convenios colectivos», conforme o cal un convenio colectivo, durante a súa vixencia, non pode ser afectado por convenios de distinto ámbito. Destacando tamén que no ámbito galego xa existen 3 convenios colectivos (Cee–Sabón e Serrabal) que actualmente están en vigor e coas suas comisións negociadoras constituídas e plataformas presentadas, e en fase de renovación e que este “acordo marco” pretende liquidar. A CIG, promove, convoca e apoia os calendarios de mobilización que os distintos centros de traballo poñan en marcha, como é o caso da concentración que o Comité de Cee Dumbría e CCHH ten convocado para este mércores en Cee, para amosar o rexeitamento a este “acordo marco” que na práctica supón un retroceso de dereitos conquistados durante tantos anos na negociación colectiva nos distintos centros de traballo.

Comentarios