Martes. 19.11.2019
El tiempo

Máis de 200 alumnos dubidaron sobre a percepción real das cousas con Casto Rivadulla

Máis de 200 alumnos dubidaron sobre a percepción real das cousas con Casto Rivadulla
Alumnos de Cee no Mes da Fundacion Alumnos de Cee disfrutaron da charla de Casto Rivadulla no marco do Mes da Fundacion Castro Rivadulla no Mes da Fundacion Fernando Blanco Casto Rivadulla no Mes da Fundacion Fernando Blanco Un luxo contar na comarca con programas culturais como o do Mes da Fundación Fernando Blanco. Un outubro cargado de actividades, para público en xeral, que esta fin de semana disfrutou da actuación de Marcos DoBode, como para o alumnado dos centros de ensino de Cee. Este pasado martes 16 de outubro celebrábase a segunda conferencia, á que acodían máis de 200 alumnos de bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces de Cee. Unha conferencia, baixo o título “Estás seguro do que ves?”, de Casto Rivadulla. O profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña, investigador en Neurociencia, e Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é membro do grupo de Neurociencia e control motor da Universidade da Coruña. É ademais un divulgador nato, como o demostran os seus premios ou a organización dos “cafés teatro científicos”, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos en Galicia. Casto Rivadulla fixo reflexionar ao alumnado sobre a percepción do mundo que nos rodea. “O que vemos non é mais, nin menos, que a ilusión que crea o noso cerebro en cada momento. Asumimos que o que sentimos corresponde coa realidade, pero podería non ser así, de feito, cada cerebro, como ente único, crea a súa propia realidade”, explicou ante unha rapazada perplexa. Afondou no proceso de percepción, que vai dende que un estímulo alcanza os nosos receptores ata que o cerebro da sentido a ese estímulo. Pero tamén falou de ilusións, de maxia, de confusións da percepción…, poñendo en dúbida a fiabilidade dos nosos sentidos e a súa capacidade para procesar toda a información que reciben.

Nova cita escolar

Quico Cadabal en Cee Hoxe mércores 17 de outubro, ten lugar un conto musical para descubrir a esencia da música, titulado "Conto para escoitar mentras bailamos un vals", a cargo de Caxoto Contacontos, e dirixido a alumnado de 1º e 2º de Primaria, así como a [email protected] de ASPADEX.

Quico Cadaval

A vindeira cita para o público xeral será o sábado 20 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Cee. Quico Cadaval representará "Os Inocentes", onde nos relatará as historias de 3 persoas que viviron a Guerra Civil e que nunca foron contadas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marcos-dobode-levou-a-fundacion-fernando-blanco-de-viaxe-polas-musicas-do-pais/ https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-de-lema-celebra-outro-mes-da-fundacion/

Comentarios