Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de 200 escolares desfrutaron do espectáculo musical de A Tropa de Trapo

Máis de 200 escolares desfrutaron do espectáculo musical de A Tropa de Trapo
tropa-trapo-mes-fundacion "O ritmo do Camiño" foi o primeiro espectáculo especial para escolares incluído na programación do Mes da Fundación Onte arrancou a programación especial para escolares que inclúe a 6ª edición do Mes da Fundación; un programa posto en marhca pola Fundación Fernando Blanco de Cee. E fíxoo co espectáculo "O ritmo do camiño" da Compañía A Tropa de Trapo, integrada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, no que participaron máis de 200 alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Cee. "O ritmo do camiño"  é un espectáculo na que unha historia de amizade entre unha nena galega chamada Antía, e un neno do Congo, en África, chamado Wamba. Este é un espectáculo con música, onde se fala de amizade con maiúsculas, con historias de aldeas de xigantes, de animais que cantan para entenderse, dunha fonte sen auga pola culpa do cu dun xigante ou dunha aldea que canta cun caldeiro. Contos que comparten Antía e Wamba, ou o que é o mesmo, Europa e África, para aprender a compartir, a afrontar os problemas con optimismo, a resolvelos falando… ou mellor aínda : cantando!. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/matrioskas-abre-a-6a-edicion-do-mes-da-fundacion/ “A Fundación Fernando Blanco de Lema celebra outro Mes da Fundación” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios