Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de 300 rapaces participan nos campus deportivos de Cee

Máis de 300 rapaces participan nos campus deportivos de Cee
Grande foi a resposta dos rapaces de Cee aos campus deportivos ofertados dentro do programa deportivo municipal de Cee verán 2015 que organiza o concello de Cee. Unha das actividades con máis acollida é o I Campus Fútbol Sala Villa de Cee con 74 participantes. Unha cifra aproximada, con 60 participantes, está o I Campus de Fútbol Base S.R.D Unión Club de Cee. Tamén tiveron unha boa resposta os Campamentos Deportivos da Piscina Municipal de Cee, con 60 participantes polo momento, xa que hai quendas ainda sen contabilizar. Pola súa banda, no VII Campus de Baloncesto A.C.B Costa da Morte participan 40 rapaces; mentras que nos II Campus Atletismo A.D. Olimpa e no II Campus Patinaxe Artística C.P.A. Costa da Morte Cee teñen unha participación de 30 rapaces, respectivamente. Dende o Servizo de Deportes do concello de Cee destacan a gran labor que fan as diferentes entidades deportivas da vila.

Fonte

Comentarios