Mércores. 24.07.2019
El tiempo

As maquetas de Emilio López Fiel

As maquetas de Emilio López Fiel
As maquetas de Emilio López Fiel

Este mércores, Emilio López Fiel, usuario do Centro Social, fixo entrega de dúas maquetas, do Centro Social e do Instituto Fernando Blanco ao Concello de Cee. Estas maquetas foron realizadas durante o curso de manualidades que se levou a cabo entre outubro do 2018 e maio de 2019.

A concelleira de Servizos Sociais, benestar, igualdade e emprego do Concello de Cee, Emilia Trillo, a coordinadora do Centro Social, e Maria Jose Toba; e a directora do IES Fernando Blanco, Chelo Trillo, recibiron os fermosos agasallos.

A maqueta do Instituto Fernando Blanco estará exposta no propio centro educativo, e a maqueta do Centro Social ficará no Centro Social para gozo de tódolos usuarios do mesmo.

Comentarios