Venres. 29.03.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez e Egueire estrean en Santiago a súa exposición sobre Costa de Marfil

Marcos Rodríguez e Egueire estrean en Santiago a súa exposición sobre Costa de Marfil
O 1 de Xuño abrirá a súas portas o Claustro alto do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela para acoller a exposición fotográfica “Miradas de Marfil” que foi creada polo galardoado Marcos Rodríguez na súa recente viaxe a Costa de Marfil da man da Ong Egueire. A inauguración desta viaxe fotográfica terá lugar mañá as 19:30h da man da periodista da TVG Begoña Fontenla, e poderase visitar ata o 1 de Xullo. Dende a Ong Egueire agradécen a colaboración prestada por parte do fotógrafo europeo do ano e anímase a toda a xente a achegarse a Santiago de Compostela para ver estás magníficas expresións da vida cotiá marfileña. https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/ https://quepasanacosta.gal/egueire-inaugura-a-nova-maternidade-de-costa-de-marfil-con-acento-da-costa-da-morte/

Comentarios