Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares

Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares
Xa presentabamos aquí hai unhas semanas o o novo libro de José Manuel Castro Marcote, "Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego". Un libro que volve demostrar a eminencia coa que contamos na Costa da Morte, i é que ademais de contar cunha entidade activa, como é a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo, Marcote é un dos mellores especialistas de toda a península en materia funghi. E se esta semana nos mandaba un artigo alertando do perigo dos cogumelos en relación a intoxicación por Amanita phalloides en Cee, hoxe volvemos co seu libro, que se pon de largo na súa vila natal. I é que este venres, 26 de novembro, o propio Marcote vai a presentar o libro "Guía de cogomelos dunares" na librería LER de Cee, na rúa Estatuto de Autonomía, detrás do mercado, a partir das 19:30h.

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( [email protected]).

Comentarios