Venres. 29.03.2024
El tiempo

María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios

María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios
Modesto Fraga e Maria Lado Modesto Fraga e Maria Lado

Boa fin de semana para a poesía costeira. Dous membros daquel marabilloso Batallón Literario da Costa da Morte recibiron cadanseus premios.

O poeta fisterrán recibiu a nova durante a mañá do sábado 14 de maio que era merecedor do XIX Premio de poesía Concello de Carral coa obra intitulada Devalar sen pel, da que o xurado salientou «que xoga coas tradicións, tensionando moi ben o texto e sabendo darlle aire nos momentos oportunos». Devalar sen pel será publicado por Espiral Maior e o seu autor recibirá 2500 euros.
Longa tradición costeira ten este premio de Carral, pois antes de Modesto xa o gañaron o camariñán Rafael Lema, con "Atlántida", e os ceenses Rafa Villar, con "Días de Sherezade", e Miro Villar con "As crebas".

Poucas horas despois era unha ceense a que tiña que subir ao estrado da I Gala do Libro Galego. O último dos catorce discursos que deron os galardoados na gala tiña que ser con seseo e gheada, pero María Lado tivera que marchar a unha actuación do dúo Aldaolado. A ceense foi premiada na modalidade de poesía co seu oso, mamá, si? (Xerais).

Unha fin de semana ben proveitosa para a poesía costeira.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios