Venres. 18.06.2021
El tiempo

Maria Lado estreo o seu novo poemario na casa

Maria Lado estreo o seu novo poemario na casa
Maria Lado asinando libros en Ler

Non para esta muller. Despois de pegarse unha viaxe pola lavadora de Cuqui, en clave infantil, María Lado (Brens-Cee, 1979) vén de estrear o seu novo poemario, “oso, mamá, si?”. E foi na primeira dunha serie de actividades para o Espazo de Libros que estreaba a Libraría Ler de Cee.

Así, Lado estreou na súa casa o seu último traballo, un poemario ao redor da experiencia da súa propia maternidad. Presentación que contou coa participación de Fran Alonso e Suso Bahamonde e a música de Eloi Fraga que acompañou o recital da autora. Tres poemas que conmoveron ao público asistente.

Un acto que terá continuación con outras citas como a lectura colectiva que terá lugar este próximo sábado 25 de abril, con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro. Os pequenos, serán protagonistas.

A familia da Libraria Ler de Cee con Maria Lado

Novas relacionadas

Novas literarias

Fonte

comentarios