Sábado. 20.04.2024
El tiempo

María Lado volve a casa co seu espectáculo poético-musical con Lucía Aldao

María Lado volve a casa co seu espectáculo poético-musical con Lucía Aldao

Malia que "ninguén é poeta na súa terra" (ou era profeta?...) este venres Cee ten unha cita cunha das artistas. A poeta e actriz María Lado (lembren que está nominada para os Premios María Casares) estará este venres, 9 de marzo, xunto con Lucía Aldao, na taberna O Rodelo de Cee.

Ambas achegarán o seu espectáculo de "case poesía e case música", baixo o nome de "Imbéciles e escuras". Despois dos éxitos de "Onde estea un cubata que se quite un soneto" e "Moita poesía, pouca diversión", as escritoras achegan novos números e poemas a ese espectáculo de variedades poéticas que son os seus recitais, ao tempo que recuperan clásicos da súa actuacción como a versión bilingüe do "Deitado fronte ao mar" de Celso Emilio ou o xogo de creación colectiva co público que chaman a Dadallada.

Esta é unha das primeiras veces que Lucía e María, que formaron dúo lírico no ano 2005, recitan en Cee, despois de seis anos levando moitas ducias de recitais diferentes tanto en Galicia como por fóra (País Vasco, Granada, Almería, Berlín...) Esperan poder contradicir o falar que di que ninguén é poeta na súa terra.

Todo isto terá lugar o vindeiro venres 9 de marzo, na taberna O Rodelo de Cee, alá polas 10 da noite. A entrada é libre ata que non caiba un alfinete e a velada promete ser entretida e gozosa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios