Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máxima expectación para o debate electoral de Cee

Máxima expectación para o debate electoral de Cee
Cartel do Debate Publico en Cee

Tremenda a expectación que está a xerar o debate electoral público e aberto entre os candidatos á alcaldía de Cee, que se vai celebrar estes mércores 20 de maio ás 20:30h na Casa da Cultura. Segundo podemos escoitar por aí pode que o Auditorio da Casa da Cultura quede pequeno para toda a xente que quere escoitar de primeira man aos seus alcaldables.
Hai xente que cambiaron o día de traballo co compañeiro para poder ir, ou mesmo que pediu o día de vacacións para non faltar á cita.

“Eu ao que non vaia ao debate, xa non o voto”, tennos contado algún veciño despois de escoitar que algún dos candidatos está prantexándose non acodir. Os 7 candidatos están invitados, e parece evidente que participar nesta clase de eventos é unha mostra do seu talante democrático. Ou alomenos así o entenderán os cidadáns, que non comprenderían unha ausencia a un evento coma este por mor dun mitin nunha parroquia.
De feito, varios dos candidatos que confirmaron, dende o primeiro a súa disposición, tamén tiñan mítines e os puideron modifciar, ante o perfecto entendemento dos propios veciños da parroquia de turno.

Non será un debate encorsetado, nada máis lonxe da intención da organización (QPC e Mohamed Safa, que fará de moderador). A idea está clara: non van ser 6 ou 7 mitines, vai ser un debate entre todos, con opcións ás réplicas e ao diálogo, sempre co respecto por diante, e sempre que se fale de política, non de cousas persoais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios