Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As medidas de SEA para dinamizar o polígono empresarial de Cee

Beatriz Seatayo de Sea e alcaldesa de Cee Margarita Lamela
Beatriz Seatayo coa alcaldesa de Cee, Margarita Lamela
As medidas de SEA para dinamizar o polígono empresarial de Cee

Ampliar a oferta das parcelas de arrendamento do solo con opción de compra, a bonificación coa compra de máis dunha parcela, rebaixa do prezo do solo… Estas son algunhas das medidas que a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, se comprometía esta pasada semana a aplicar para dinamizar o polígono empresarial de Cee.

O Plan Estratéxico tratará de impulsar o desenvolvemento deste polígono, así como os de Vimianzo, A Laracha e Malpica, para incrementar o establecemento de empresas.

O parque empresarial de Cee conta cunha superficie bruta de 201.782 metros cadrados.

Queda pendente tamén seguir pelexando pola chegada da Autovía ata Cee, e incluír a variante ao porto de Brens, un proxecto con xa 12 anos de historia.

Novas relacionadas

Comentarios