Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Melloras para o illamento do CEIP Eugenio López

Visita ao CEIP Eugenio Lopez
Melloras para o illamento do CEIP Eugenio López

Aínda non dan cambiado o nome, pero o que si van cambiar foi o illamento térmico. Así o anunciaba onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, nunha visita ao CEIP Eugenio López de Cee, onde explicou que a Xunta de Galicia vai unhas obras de mellora do illamento no centro educativo cun investimento de máis de 380.000 euros.

O proxecto, que está en licitación, e terá un prazo de execución de tres meses, propón a substitución das carpinterías exteriores por unhas novas con rotura de ponte térmica e vidros cun mellor comportamento enerxético e contempla tamén a instalación dun sistema de illamento térmico polo exterior (SATE) de parte dos cerramentos do edificio, patios este e fachada sur do edificio principal.

Comentarios