Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Merca en Cee

A campaña Merca en Cee posta en funcionamento polo BNG de Cee.
A campaña “ Merca en Cee” é unha iniciativa feita para poder potenciar as pequenas empresas do Concello, xá que son elas as que sustentan a maioria da economia deste Concello . Sobre todo nesta época de moitos gastos nas economías familiares debido ao comezo do ano escolar, dende o Bng queren solidarizarse co pequeno comercio de proximidade, dende esta iniciativa queren pedirlles  a todos os veciños e veciñas que invirtan no pobo, mercando no comercio local e apoiando o tecido empresarial de Cee.
Todo o diñeiro que se gaste no pobo voltará dun xeito ou outro as nosas mans, si pola contra o levamos fora, serán outros os que se beneficien.
É por iso que desde o Bng de Cee creen que é moi importante a posta en valor do comercio tradicional e de proximidade, e do noso tecido empresarial de cara á recuperación económica e social.

Comentarios