Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mercadona recoñeceu o despedimento improcedente e indemniza á traballadora de Cee

Manifestación en Mercadona
Imaxe da concentración celebrada o pasado 9 de abril no Mercadona de Cee
Mercadona recoñeceu o despedimento improcedente e indemniza á traballadora de Cee

Non fixo falta ir á xuizo. Mercadona recoñeceu que cometeu un despedimento improcedente coa súa traballadora de Cee, que provocaba unha concentración en protesta a comezos de mes. A empresa tira de “chequera” e vén de indemnizar á ex empregada, que decidiu non volver ao seu posto de traballo “porque creo que me ían facer a vida imposible”.

”Demóstrase que non había ningunha clase de motivación legal para despedir a compañeira, e como Mercadona ten cartos, ponos enriba da mesa e despide á xente sen ningún problema”, explica María L. Alejos. Delegada de persoal da CIG en Mercadona S.A. na provincia da Coruña e presidenta do comité de empresa provincial.

Alejos lembra que dos últimos 5 despedimentos de traballadoras dos supermercados de Avda. de Oza (A Coruña), de Santa Marta (Santiago de Compostela), do Milladoiro e os dous en Cee, dous xa foron recoñecidos pola empresa coma improcedentes e os outros están aínda sen resolución xudicial.

”Mercadona quere traballadoras/es servís e incondicionalmente submisos, pero non ten reparo ningún cando calquera cae "en desgraza" (por exercer seus dereitos laborais e, sindicais...do que dou fé en primeira persoa) en intentar por tódolos medios por moi ficticios que sexan.... expulsala/o sen motivos reais e fundamentados. Non podemós permitir tal desprotección ante esos abusos laborais”, denuncian, sentenciando que “non existen motivos reais para os despedimentos”.

Novas relacionadas

Comentarios