Luns. 27.01.2020
El tiempo

O mundo da arte da Costa da Morte brindará polo novo ano 2020 o vindeiro domingo en Stoupa

O mundo da arte da Costa da Morte brindará polo novo ano 2020 o vindeiro domingo en Stoupa

Unha vez máis Stoupa, polo nadal, brindará pola prosperidade dun novo ano cos seus colaboradores e amigos na xa clásica sesión vermú de fin de ano que xuntará, como en anos anteriores, a mellor da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte.

O evento celebrarase o vindeiro domingo 15 de decembro, de 13.00 a 15.00 h., coincidindo coa inauguración da exposición colectiva de nadal #Stoupidos2019, que é unha mostra de obras de sete autores da Costa da Morte: Marinna Mouzo, Xosé Iglesias, Eloy Mancebo, Alivavá, Mon Lendoiro, Fernando Rei e Santiago Garrido, que estarán acompañados das creacións doutros colaboradores habituais de Stoupa como Nano Unzueta, Aparicio, Viki Rivadulla, Yano Yoro, Nacho Porto, Manuel Canosa, Jesica Coiradas, Xoanxo Cespón, Frank Buschmann, Marcos Rodríguez, Nando Lestón, Pepe de Olegario, Mimadriña, Redeiras de Corme, María Lema, Carmen Isabel, Mighel FK, Laura Tova ou Teresa Candal.

#Stoupidos2019 ten como obxectivo convidar a todos os que visiten a tenda-galeria a que este Nadal regalen produtos da #CostaDaMorte, apoiando así aos artistas, artesáns e empresas locais. Son regalos con innovadores produtos autóctonos, pezas de arte e artesanía únicas ou paquetes regalo nos que Stoupa combina as obras dos seus colaboradores entre si.

A exposición poderá visitarse durante todo o Nadal ata Reis, de martes a sábados de 12-14 horas e de 17-20 horas

Tenda Stoupa en Cee

Comentarios