Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ningún paciente esperou máis de 3 meses para operarse no HVdX

Ningún paciente esperou máis de 3 meses para operarse no HVdX
Este é un dos datos máis salientables colleitados polo Hospital Virxe da Xunqueira de Cee no 2011. A dirección do centro hospitalario ofrecía o balance das listas de espera cirúrxica e de consultas externas, ademais da actividade cirúrxica, fancedo un fincapé especial na "produtividade". E o propio director Ramón Ares asegurou que se sinten "moi orgullosos dos bos datos colleitado, que se deben ao grande esforzo que realizaron todos os facultativos do Hospital". Outro dos detalles máis destacados do 2010 é a baixada na espera cirúrxica, que rolda o 50% en patoloxías de Prioridade 1 (de 11,6 días no 2009 aos 6 días do 2010). Nese sentido, a espera media para operarse tamén se reduciu nun 37% con respecto ao 2009 e queda en 286 días. Outro dos datos importantes é que a media total de espera no centro ceense é de 40,3 días, moi por debaixo da media SERGAS, que está nos 66,4 días. Tivo tempo o director de falar sobre o asunto dos xenéricos, asegurando que "a utilización dos xenéricos vén sendo unha estratexia do Sergas e do centro dende hai tempo, coa intención de axustarse ao máximo sen perder eficiencia". O centro hospitalario anda polo 20% de utlización de xenéricos.

Área Cirúrxica

Botando un ollo a actividade cirúrxica, podemos notar un forte aumento. Así este 2010 realizarónse no 3 quirófanos do centro 3.206 intervencións en xornada ordinaria polas 3071 do 2009 e as 2.698 do 2008. A estas hai que sumarlle as 550 urxentes que se realizaron, facendo un total de 3.756 intervencións. Ademais, a eficiencia cirúrxica, que mide o aproveitamento do tempo nos quirófanos, rolda o 75%, "un eficiencia dificilmente mellorable", segundo o director.

Urxencias

Notouse no hospital unha lixeira tendencia á baixa das atencións por Urxencias. Aproximadamente Urxencias atendeu a 1 veciño menos que no 2009, sendo un total de 17.117 pacientes que acodiron por urxencias. A dirección sinalou que estes datos poden deducirse por múltiples factores, dende a mellora da información e responsabilidade da veciñanza, a unha mellor atención primaria ou unha menor incidencia de patoloxías leves como a gripe.

Consultas externas

O dato máis salientable é que a espera media de consultas consegue baixar ata os 41 días, polos 51 do 2009. Ademais, atendendo as consultas prioritarias, pasouse dos 16 días aos 8 días de espera media. I é que foron 24.832 as consultas que atenderon os facultativos de atención primaria do centro, 900 máis que no 2009.

Hospitalización

Os datos de hospitalización media baixaron de 7,65 días a 7,15 días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios