Domingo. 20.10.2019
El tiempo

"Non ao recortes sanitarios"

"Non ao recortes sanitarios"

Hoxe, a carta-protesta que recibimos chéganos directamente da Asemblea Nacionalista de Cee. E nola manda Daniel Oca, que vivíu nas súas propias carnes a problemática do recorte en persoal sanitario no Hospital de Cee:

"Esta semana acudín duas a veces a urxencias cunha das miñas fillas, despois de que se mancara o xeonllo nunha caída. A experiencia serveme para constatar a realidade diaria dos recortes sanitarios.
No PAC de Cee polo día hai 2 médicos para atender aos pacientes. Pero á noite hai só un. Cando os chaman dun domicilio teñen que acudir e deixan á xente desatendida, con esperas de máis de 3 horas, incluso con lesións dolorosas como dislocacións, feridas...
Nesta época do ano, cando máis visitantes hai na zona, que acoden ao PAC como desprazados, non se incrementan os facultativos. A xente desespera e marcha. Unha autentica vergoña. Hai cuestions que deberan estar ao marxe dos recortes. Non todo vale.
Reclamamos da Consellería de Sanidade unha atencion sanitaria de urxencias digna, e concretamente no caso do PAC de Cee, que haxa cando menos dous facultativos en todo momento. A vindeira semana comezan as Festas da Xunqueira, nas que agardamos a presenza de moita xente en Cee, e non é de recibo que nas noites máis concorridas do ano só un médico atenda no PAC.

  • Daniel Oca González. Portavoz de ANC.

Novas relacionadas

  • As mulleres de Cee non queren rosarios nos seus ovarios.

Fonte

Comentarios