Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Non máis Escravos do SERGAS

Non máis Escravos do SERGAS
Concentracion no Hospital Virxe da Xunqueira Concentración no Hospital Virxe da Xunqueira polos dereitos laborais-Foto-CIG

Máis de 100 persoas (traballadores e veciños) acodiron esta mañá de mércores 25 de outubro á chamada de todos os sindicatos con representación da área sanitaria. Máis dun centenar voces unidas (como os sindicatos) nunha concentración diante das portas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee que serve para poñer de novo no punto de mira a política sanitaria do goberno do PP na Xunta de Galicia.

Unha concentración que ten como principal foco de atención a situación laboral dos traballadores deste sector tan fundamental, cansos de traballar con contratos por horas, con soldos cada vez máis baixos e baixo unhas condicións cada vez peores.

Os traballadores denunciaron a precarización do sistema sanitario galego criticando ademais o continuo desmantelamento paulatino de servizos no propio HVdX como no resto do país.

Concentración no Hospital Virxe da Xunqueira polos dereitos laborais-Foto-CIG Concentración no Hospital Virxe da Xunqueira polos dereitos laborais-Foto-CIG

Folga Xeral

Unidos están todos os as organizacións sindicais (CCOO, CIG, CSIF, SAE, SATSE, e UGT) para convocar unha gran Folga Xeral na Sanidade Galega os vindeiros días xoves 2 e venres 3 de novembro. Esixen á Xunta unha mesa de negociación na que se debatan os seguintes puntos: • O Establecemento de medidas que permitan rematar coa precariedade laboral: eliminación dos contratos en fraude de “acúmulo de tarefas”, contratos de substitución nominais, consolidación de vacantes e OPEs convocando todas as prazas. • Un calendario de recuperación dos acordos laborais e retributivos suspendidos desde o ano 2010 (acordos publicados no DOG de 10 de decembro de 2008). Recuperación do 100% do complemento de incapacidade. • A negociación da carreira profesional para todo o persoal do SERGAS. • A retirada do proxecto da reforma da Lei 8/ 2008 da Lei de Saúde de Galiza e o mantemento das actuais áreas sanitarias.  

Novas relacionadas

Comentarios