Luns. 01.03.2021
El tiempo

Nova convocatoria das Becas Fernando Blanco para os mellores expedientes do IES

Entrega de Premios das Becas dun dos pasados anos no IES Fernando Blanco
Imaxe duna entrega de Premios das Becas dun dos pasados anos no IES Fernando Blanco
Nova convocatoria das Becas Fernando Blanco para os mellores expedientes do IES

Dende 2012 a Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee convocan as Becas-Premio Fernando Blanco. E como non podía ser doutro xeito, a pesar dos tempos que corren, neste curso 2020/2021 volve facer a convocatoria.

Son 5 as becas que se premiarán, aos mellores expedientes de 3º ESO, 1º Bacharela, 1º de Ciclo Medio, 1º de Ciclo Superior e 1º de F. P. Básica.

Haberá que superar o 8,5 de media, e será requisito imprescindible para acadar as becas - premio o matricularse no curso seguinte correspondente no I.E.S. Fernando Blanco de Cee.

Cada unha das becas - premio estará valorada en 500 € (parte en metálico e parte en vales de compra). Os premiados dispoñerán de un mes desde a entrega dos premios para consumir estes vales.

A entrega das becas - premio celebrarase no mes de outubro de 2021.

Novas relacionadas

comentarios