Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novo accidente en Cee

Novo accidente en Cee
Esta calurosa mañá de mércores 20 de xuño de 2018, arredor das 10:30h, producíase un accidente de tráfico en Cee, á altura da Avda. Fisterra nº 150, no cruce de Cristalería Vevey. Foi unha colisión entre dous turismos: un Ford Fiesta e unha furgoneta Citroen Jumpy, pola invasión dun carril. No interior do Ford ficou o condutor, consciente e tombado sobre o asento dianteiro, tendo que ser atendido polos sanitarios do 061, ao sufrir un forte impacto que provocaba a perda de bastante sangue.
O 061 e os Bombeiros, estabilizaron ao ferido, abatendo o asento e retirárono pola porta traseira mediante o taboleiro espiñal, minimizando os danos, para ser trasladado en ambulancia ao Hospital. Os Bombeiros limparon a estrada dos restos do accidente e esperaron no lugar ata que chegou un guindastre para retirar o vehículo.

Comentarios