Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo accidente no casco urbano de Cee

Novo accidente no casco urbano de Cee
Están a ser dias malos para a circulación diaria na vila da Xunqueira. Tralo susto do pasado día 30, cando un coche colisionaba con ata tres vehículos en plena madrugada, esta maña de novo un accidente sobresaltaba aos veciños da Avenida Fernando Blanco. Un dos vehículos sinistrados no centro de Cee este mércores A altura do nº 18, no cruce entre esta céntrica avenida e a rua da Escola, dous vehículos chocaban aparatosamente, provocando a intervención de Bombeiros e Policia Local. Segundo informan os primeiros, as 9:02 horas da maña deste mércores recíbese no parque aviso do CAE112 no que se informa dun accidente de tráfico con dúas vítimas de diversa consideración, pero das que se ignora si están atrapadas. Chegados ao punto indicado ás 09:08 os efectivos de Bombeiros de Cee observan que se trata dun choque fronto-lateral entre dous vehículos: un Renault Kangoo branco que aparentemente circulaba pola Rúa Fernando Blanco en dirección Avda. Finisterre e un Renault Megane gris escuro (o da fotografía) que aparentemente circulaba por Rúa da Escola en dirección Rúa Fernando Blanco. O condutor do Megane, segundo informan Bombeiros de Cee, estaba sendo atendido na ambulancia e a condutora do Kangoo era trasladada ao hospital noutra ambulancia. O tráfico estivo regulado en todo momento por un axente da Policía Local de Cee. Os tres números do parque de bombeiros desprazados ao lugar procederon a limpeza dos restos do accidente e coa mangueira de alta presión lavábase a rúa dos restos e dunhas pequenas manchas de líquidos que ceibaron os vehículos sinistrados quedando plenamente restablecido ao trafico este punto ao fio das 9:45 horas da maña.

Comentarios