Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo prazo para matriculares para EPA de Adultos

Novo prazo para matriculares para EPA de Adultos

Este mes de xaneiro está aberto o prazo de matrícula para ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, de cara ao segundo cuadrimestre do curso 2017-2018. Estas ensinanzas, dirixidas ao alumnado maior de 18 anos, comezan a súa oferta no nivel de Alfabetización e están encamiñadas á consecución do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Os centros con esta formación na zona son os Institutos Fernando Blanco de Cee, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Fontexería de Muros e IES de Ponteceso.

Concremamente no IES Fernando Blanco de Cee, dende o mes de setembro véñense cursando os módulos I e III, correspondentes aos 1º e 3º curso da ESO respectivamente. No mes de febreiro comezarán os módulos II e IV, correspondentes a 2º e 4º da ESO, aos que se poden incorporar aquelas persoas que cumpran os requisitos precisos.

Agora ábrese o prazo para o módulo II correspondente ao curso 2º da ESO, así como no módulo IV, correspondente ao curso 4º da ESO. As clases impártense de luns a xoves, en horario de tarde-noite.

Desde martes 9 de xaneiro e até o 16 de xaneiro poderase formalizar a matrícula. Para o alumnado novo terase en conta a orde de preinscrición.

Fonte

Comentarios