Venres. 19.04.2024
El tiempo

O A.C. Baloncesto Costa da Morte ofrece novos cursos para este verán

O A.C. Baloncesto Costa da Morte ofrece novos cursos para este verán
Co remate do curso académico 2017/2018 son moitas as entidades as que ofrecen distintas alternativas de ocio para os máis novos durante os próximos meses de verán. Unha delas é o A.C. Baloncesto Costa da Morte que vén de publicar a súa oferta. Así nos meses de xullo e agosto ofrece actividades como inglés, iniciación ao baloncesto, manualidades, xogos populares, competicións e algunha que outra visita de xogadores profesionais. As actividades están dirixidas para os nacidos entre o 2007 e o 2013 e haberá grupos por iddades. As actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Cee os martes e xoes entre as 10:00 e as 13:00 horas. O custe por participante é de 30 euros ao mes e inclúe un seguro deportivo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios