Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Alzheimer baixou o telón do Mes de vertixe da Fundación Fernando Blanco

O Alzheimer baixou o telón do Mes de vertixe da Fundación Fernando Blanco
Obradoiro no IES Fernando Blanco Obradoiro no IES Fernando Blanco

Remata un mes de vertixe cultural da Fundación Fernando Blanco de Cee na 5ª edición do programa O Mes da Fundación. Un mes cheo de charlas e citas teatrais e musicais para estudantes e público en xeral. Foi o alzhéimer o protagonista dos últimos días de programa, cuns obradoiros e unha obra de teatro ben interesante.

Durante a mañá do venres, alumnos de Bacharelato do IES Fernando Blanco aprenderon moitísimo cos obradoiros titulados "Teatro e memoria. Obradoiro para espectadores”. Esther Carrodeguas e Pepa Barreiro, da Compañía ButacaZero, desenvolveron este proxecto que nace da necesidade de falar sobre o esquecemento en escena. Pero tamén da necesidade de reflexionar e de compartir as nosas reflexións, ou de pensar entre todos que implica a memoria e o esquecemento.

Uns obradoiros de achegamento ao teatro, e tamén para que os alumnos descubran o teatro como ferramenta para pensarnos, repensarnos, e axudarnos a vivir mellor.

Ao teatro

Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee Impresionante actuacion de Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee Impresionante actuación de Pepa Barreiro de ButacaZero en Cee

Xa pola noitiña, a escena trasladouse ao Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura ceesa, para que a propia Compañía ButacaZero desenvolvese a obra teatral “Na butaca. Fantasía nº 3 en dor maior”, dirixida por Esther Carrodeguas, e interpretada maxistralmente por Pepa Barreiro. Unha obra recén estreada o pasado 21 de setembro, día mundial do alzheimer, no Teatro Principal de Santiago.

A obra aborda, de maneira poética e optimista, o tema do esquecemento; concretamente o esquecemento como doenza tipo demencia ou alzheimer, que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade. Partindo da idea de vivir no presente desa personaxe que está esquecida, achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; ás veces felicidade e outras rabia.
Na butaca remata por ser un alegato poético a favor da vida vivida no presente.

Novas relacionadas

Máis novas

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Fonte

Comentarios