Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG da Costa da Morte pide explicacións polas declaracións do alcalde Cabana sobre o caso Ferroatlántica

O BNG da Costa da Morte pide explicacións polas declaracións do alcalde Cabana sobre o caso Ferroatlántica
Jose Muino Alcalde de Cabana Jose Muíño, Alcalde de Cabana O BNG Costa da Morte pídelle ao PP as correspondentes explicacións sobre as declaracións que fixo a semana pasada o alcalde de Cabana de Bergantiños - José Muíño - nas que expresaba o seu apoio aos plans de Ferroglobe. "Pasados uns días xa desde as mesmas, e en vista de que ningún dos seus superiores no Partido Popular saíu a contradicilo, solicitamos que de inmediato a resposable comarcal do partido, Zaira Rodríguez, dea explicacións sobre as verbas do seu compañeiro", manifestan dende o BNG Costa da Morte. Segundo indican os nacionalistas, hai moitos concelleiros e concelleiras do Partido Popular na bisbarra que non sen pronuncian "coa contundencia debida" e mesmo Zaira Rodríguez - responsable comarcal do partido - "só se limita a levantar a man en determinadas ocasións ou colocarse detrás da pancarta para a foto", din dende o BNG da Costa da Morte. Éste é un momento crucial para o conflicto, xa que en mpoucas semanas a Xunta debe tomar a decisión de aprobar ou non a venda das centrais. "O que menos se precisa agora é que un alcalde dun concello próximo saia en apoio dos plans da empresa, uns plans que sen dúbida son o desmantelamento a curto prazo das fábricas de Ceee Dumbría" indican os nacionalistas da Costa da Morte.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte  

Comentarios