Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide ao alcalde que se reúna co colectivo de taxistas

O BNG de Cee pide ao alcalde que se reúna co colectivo de taxistas
Parada de Taxis de Cee A parada de Taxis de Cee está moi preto da praza do Concello, onde se celebran as festas da Xunqueira

Ante a inminente chegada das festas patronais da Xunqueira, e como xa pasou na pasada festa de San Cristovo, as paradas de taxis vense afectadas pola organización das verbenas, espectáculos e actuacións e pola ubicación das diferentes atraccións de feira e postos que se colocan, así como os diferentes cambios de dirección nas rúas.

Por iso dende o BNG, e despois de escoitar as queixas dos profesionais, piden “que o alcalde ou o concelleiro/a no que delegue, teña una reunión co colectivo para acordar o espazo a ocupar durante os días de festa. Hai que ter en conta que son días de moitísima actividade na vila, onde centos de persoas nos visitan, e no que moitas delas precisan deste medio de transporte. Por tanto, son tamén datas importantes para a economía dos profesionais, polo que unha ubicación axeitada e fácil de atopar para calquer usuario/a, axudará a que non se vexa resentida a súa actividade. É sumamente importante que haxa un diálogo co colectivo e un acordo para evitar, como xa ten pasado, ter que andar movendo as paradas dun lugar ao outro no último momento”.

No escrito presentado onte por rexistro e dirirxido ao alcalde, piden ademáis, que nas casetas das paradas existentes, o concello coloque uns cartazes indicativos co lugar exacto, da ubicación, no caso de non ser posible telas onde están habitualmente.

Fonte

  • Voceiro do Bng de Cée.

Comentarios