Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden unha mellora na rúa da Armada de Cee

Piden unha mellora na rúa da Armada de Cee
rua-armada-cee Situación actual da rúa da Armada de Cee O equipo do BNG de Cee vén de presentar un escrito no Concello a través do cal informa da situación actual da rúa da Armada - paralela á antiga nave de Disneria - e, en conseguinte, solicita unha serie de melloras na mesma. "Estamos a falar dunha rúa sen saída, cunha enorme inclinación e que presenta un estado de conservación mellorable", sinalan os nacionalistas. A pendente e a acumulación de verdiño no piso fai que os días de choiva ou xeada sexa difícil e incluso perigoso camiñar por ela, habendo xa algunha que outra caída. Ademais éste é unha rúa sen saída que carece de sinalización que o indique polo que a veciñanza sinala que en moitas ocasións os vehículos soban por ela e que logo teñen que dar volta en lugares non aptos ou en propiedades privadas. Estes son os principais motivos que expoñen os membros do BNG de Cee polo que instan ao concello a que solucione a problemática para evitar riscos. Así, dende o Bloque Nacionalista Galego propoñen unha limpeza "en condicións" de toda a rúa así como a colocación dunha sinal que indique que é unha rúa sen saída. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios