Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Cee presenta unha moción polos efectos do temporal

O BNG de Cee presenta unha moción polos efectos do temporal
sen-luz O último temporal deixou sen luz centos de fogares Despois dos cortes de luz que sufriu unha boa parte da comarca durante o último temporal de aire, o BNG de Cee presentará unha moción para tomar o acordo de instar á Xunta de Galicia a facer unha avaliación urxente e un estudo dos danos nas infraestructuras e servizos tanto de titularidade pública como privada; aprobar axudas para os concellos, fogares e empresas que sufriron perdas a consecuencia dos temporais; esixir responsabilidades e establecer medidas sancionadoras ás empresas titulares das infraestructuras polo mal estado das mesmas e ás prestadoras de servizos de subministro eléctrico pola tardía resposta; obrigar ás empresas subministradoras de enerxía a efectuar unha auditoría da situación das liñas eléctricas; presentar un plan para subsanar as deficiencias urxentes e unha programación para acometer os investimentos precisos de forma continuada que garantan unha axeitada conservación da infraestrutura eléctrica e o concello de Cee; a prestar apoio e asesoramento á veciñanza afectada a través dos servizos municipais, a fin de axudar na presentación de reclamacións ou solicitudes de axudas, así como efectuar o seguimento na súa tramitación, para compensar os danos e perdas sufridos con ocasión do temporal. Segundo sinala o portavoz do bloque en Cee, Serxio Domínguez Louro, un dos efectos máis graves do temporal foron os cortes no subministro eléctrico que afectaron a milleiros de galegos e que nalgúns sufríronos durante tres días. "Esta situación ten que ver coas deficiencias da infraestructura da rede eléctrica, co abandono das labores básicas e con insuficiente e tardío operativo das empresas distribuidoras e subministradoras de enerxía", indican dende o BNG de Cee. "Non é aceptábel que Galiza, sendo produtora e excedentaria de enerxía eléctrica, con numerosos encoros, minicentrais, centrais térmicas ou parques eólicos instalados ao longo do seu territorio que xeran enerxía sen parar, tendo que asumir os custes ambientais de dita actividade, estea obrigada ademais a soportar unha pésima calidade no subministro eléctrico", sinala o partido nacionalista.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios