Martes. 16.04.2024
El tiempo

O BNG defende cunha charla a calidade de ben público da enerxía

O BNG defende cunha charla a calidade de ben público da enerxía
Tarifa eléctrica galega-charla en Cee-BNG

Este venres 16, ás 20:00 horas a sala de conferencias da Casa da Cultura acolle unha charla sobre a Tarifa Eléctrica Galega. Está organizada polo BNG no marco da súa campaña cidadá polo abaratamento da luz.

Na charla, Serxio Dominguez Louro, portavoz do BNG de Cee e Noa Presas Bergantiños, deputada do BNG no parlamento repasarán conceptos como que a enerxía debe ser entendida como un ben público, e a política enerxética debe desenvolverse en base a esta consideración. Do mesmo xeito, o subministro de enerxía debe ter a concepción de servizo público e o seu acceso debe ser un dereito garantido para todas as persoas por riba dos intereses económicos do oligopolio eléctrico.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-lanza-unha-campana-cidada-polo-abaratamento-da-luz/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-laxe-apoia-aos-traballos-de-alcoa-e-pide-a-rebaixa-do-ive-e-unha-tarifa-electrica-galega/

Comentarios