Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG lanza unha campaña cidadá polo abaratamento da luz

O BNG lanza unha campaña cidadá polo abaratamento da luz

Que no último ano completo (2017) as tres maiores compañías eléctricas que operan no Estado español (Iberdrola, Endesa e a actual Naturgy) obtiveran uns beneficios 5.627 millóns de euros, un 3% mais que no exercicio anterior, malia que 2017 foi un ano de seca que impactou de forma negativa en termos hidrolóxicos. Que a luz teña “unha fiscalidade absolutamente disparatada e excesiva”, con ese IVE do 21% que se sitúa como un dos máis altos de Europa. En defintiva, que a luz non sexa considerado un ben público de primeira necesidade, é algo que unha sociedade moderna e xusta non pode comprender.

De aí que o BNG comece unha campaña para solicitar o abaramento da luz a nivel nacional. Farao cunha recollida de sinaturas e unha serie de charlas e a presentación nos concellos dunha moción, para que a luz sexa entendida como un ben público.

O BNG lembra que “en Galiza xeramos enerxía para o consumo doutros territorios do Estado español, exportando unha media dun 35% de electricidade, sen obter ningún beneficio no prezo final”. Lembra que “no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non poder permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada e a taxa de risco da pobreza incrementou nun 12,15% dende o 2009.

Tarifa Eléctrica Galega

Por todo isto, o BNG solicita “cambios inmediatos na regulación eléctrica para que a electricidade sexa un servizo básico e estean cubertas as necesidades sociais e económicas”. Soliicta, unha vez máis, a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega que “abarate vía peaxes o prezo final da enerxía no noso país, axudaría a democratizar o acceso á enerxía para todas as persoas e, asemade, contribuiría a asentar o tecido industrial e económico do país, frear a deslocalización e evitar a nosa desindustrialización.”

O primeiro sería que a Xunta demande do Goberno Central a redución do IVE do 21% ao 4% e que “exclúa a Galiza da Orde definitiva para a tramitación respecto dos suplementos territoriais para o exercicio 2013”.

Novas relacionadas

Comentarios