Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG lanza unha campaña polo comercio local

O BNG lanza unha campaña polo comercio local
Cartaz - Comercio local 2017 COR "Compra no comercio local. Cee saairá gañando". Ese é o lema da nova campaña a favor do comercio local que vai sacar o BNG de Cee neste nadal. Unha campaña que se desenvolverá ns redes sociais e a través do reparto de folletos nos establecementos da vila, nos que o grupo anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía.

"Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece e  xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados", argumenta Serxio Domínguez, o voceiro local. "Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Cee , de humanizar a vila e impedir a desertización do noso pobo. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade".

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-bota-o-pecha-o-1-de-maio-a-prol-do-comercio-local/

Comentarios