Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG non expulsará aos concelleiros de Cee ata despois da moción de censura

O BNG non expulsará aos concelleiros de Cee ata despois da moción de censura

Reuníase esta tarde luns 27 de febreiro de 2012 a Executiva Nacional do BNG cos concelleiros de Cee. Unha reunión para tratar o pacto co PP que deu pé a moción de censura na vila da Xunqueira.
Segundo comenta o voceiro local Dani Oca, "mantivemos un diálogo aberto cos membros da Executiva, expoñendo argumentos polas dúas partes, e escoitaron a nosa postura polo que cremos que a decisión podería ter sido máis drástica de non termos esta reunión".

Así e todo, a Executiva enviaba un teletipo a primeira hora da tarde na que afirmana que "congruentemente con esta posición, o órgao de dirección da formación nacionalista acordou a expulsión dos concelleiros de se facer efectiva a moción de censura".

Así, o expediente de expulsión será aberta en todo caso unha vez levada a cabo a moción de censura. Esta era unha das peticións dos edís ceenses, que se abra o expediente a posteriori, como se fixera con outros membros do partido. Ademas, consideran "o caso de Cee como un caso excepcional, como recoñeceron algún dos membros da Executiva. Ademais, a nosa conciencia política non nos permite botar atrás a moción e faremos todo o posible para manternos dentro da disciplina dun partido no que seguimos crendo. Entendemos que a política xeral do BNG é a de non dar alcaldías ao PP pero este caso é moi particular", destaca Oca.

Pleno "espectáculo" no Pavillón

Entrementres segue todo preparado para o pleno do xoves 1 de marzo ás 12:00h. O Pavillón de Cee acollerá o pleno máis "espectáculo" da historia case que do país, e todas as forzas están mobilizando ás súas xentes para que non haia unha forza social maioritaria.

Os mentideiros falan ata de camións de froita preparados para o evento... Veremos en que queda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios