Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG pide o arranxo da rúa de subida ao IES de Raíces

O BNG pide o arranxo da rúa de subida ao IES de Raíces
Subida ao Agra Raices en Cee Subida ao Agra Raices en Cee O BNG de Cee vén de presentar unha petición no concello para que dean solución a problemática situación da subida ao instituto Agra Raíces. A zona desde a rúa Ferrol (antigo almacén de bebidas) ata Raices, xusto ao lado dos bares e a poucos metros do instituto, está nunha situación insostible. Unha vía "moi frecuentada polo alumnado para subir e baixar as clases, que carece de iluminación en boa parte do seu traxecto", e co firme completamente esfolado. Por iso piden "a renovación total, ou no seu defecto parcial, do firme da vía", así como "a colocación das luminarias necesarias para adecuar a vía".

Comentarios