Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG reclama medidas de seguridade no transporte escolar

O BNG reclama medidas de seguridade no transporte escolar

A raíz da denuncia pública da ANPA Uxío, o BNG ceés alza a voz tamén para esixir medidas de seguridade axeitadas no transporte escolar. E piden cousas concretas, como que o Concello “asuma as obras de ensanche das beirarrúas do colexio público Eugenio López, no menor tempo posible, dándolle a amplitude que a zona permita, para que a baixada e subida dos autobuses sexa coa seguridade necesaria”.

Ademais, para reclamar medidas de seguridade nos autobuses, “pedimos que o pleno acorde instar a consellería de Educación a que intermedie coa Empresa de Transporte adxudicataria, para conseguir que haxa SEMPRE no transporte escolar vehículos con sistemas de seguridade axeitados e que non permita a sobre ocupación dos buses. Do mesmo xeito, que faga cumprir a compañía coa lei, no que ten a ver co uso de almofadas cando envíe os buses co cinto axeitado”.

Desprazamentos

O BNG lembra que a poboación de Cee (7539 habitantes), é eminenteme rural, obrigando a fcer desprazamentos constantemente. Ademais, no ámbito educativo, o peche progresivo das escolas unitarias, quedando tan só a de Brens e Pereiriña, obriga a que os nenos de entre 3 e 12 anos acodan ás escolas en transporte escolar.

Lembran que as liñas de buses van por estradas secundarias, complicadas, por iso non comprenden que “a maioría dos autobuses da compañía adxudicataria do servizo, non dispoñen do cinto de seguridade pertinente, tendo que ir todos agarrados ao asento dianteiro”. Un verdadeiro perigo.

Segundo datos da DXT en canto ao uso de cinto: “Un menor sen ningún tipo de retención, multiplica por 5 as posibilidades de sufrir lesións mortais. 9 de cada 10 lesións infantís, graves o mortais, poderían evitarse usando este tipo de dispositivo”.

Así mesmo, o BNG lembra que a lei obriga a cumplir estas normas e lamenta que “trala posta en marcha da nova lei de transporte público, na que se pode mesturar a alumnos e alumnas con usuarios e usuarias de transporte convencional, en ocasións hai nenos e nenas das ultimas paradas que fan o traxecto de pé por non ter asento libre, o que pon mais aínda en perigo a integridade dos e das menores.”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios