Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG reclama melloras na sinal de TV na parroquia de Lires

O BNG reclama melloras na sinal de TV na parroquia de Lires
Sen sinal nas tv de lires 10 días "sen sinal" nas tv de Lires

Contabamos o pasado mércores os eternos problemas de cobertura na parroquia de Lires. Un problema que levan sufrindo anos tanto veciños como visitantes, pero que se agudizaba dende o pasado martes 5 de xuño. Aos xa inherentes problemas coa rede de internet e coa cobertura do teléfono móbil, Lires leva sen sinal de TV máis de 10 días.

Aproveita hoxe o BNG para esixirlle ao Concello que tome actuacións inmediatas para a volta a normalidade. “Trátase dunha zona castigada pola falta de cobertura de móbil e internet e que sofre con demasiada frecuencia os avatares do mal tempo na recepción de emisión televisiva. Noutras zonas da parroquia como Ruibo, as queixas veciñais son contínuas, con cortes de emisión case que a diario”, explica o voceiro do BNG, e veciño de Lires, Serxio Domínguez.

Repetidor no Monte Neme

Serxio sinala que a solución definitiva pasa polo repetidor situado no Monte Neme, que entre outras deficiencias, a alimentación eléctrica vai desde a piscifactoría ao outro lado da ría, a cal cruza cun cable por debaixo da auga. Compre ter en conta ademáis que toma corriente desde unha propiedade privada.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cobertura-esquecida-de-lires/

Fonte

Comentarios