Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O BNG reclámalle ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos traballodores de Ferroatlántica

O BNG reclámalle ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos traballodores de Ferroatlántica
bng-ferroatlantica-industria A portavoz de Industria do BNG, Noa Presas, levou onte de novo o caso Ferroatlántica ao Parlamento galego O BNG volve levar ao Parlamento a pretensión de venda ilegal das centrais eléctricas do Xallas por parte de Ferroatlántica dadas as novidades introducidas pola #OperaciónLezo na que Villar Mir está a ser investigado nun caso de presunto financiamento ilegal do PP. A portavoz de Industria - Noa Presas - reclamou ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos e coas traballadoras das plantas de Cee e Dumbría, para “darlles tranquilidade” despois das últimas novas incluído ese último caso de corrupción do PP “que salpica de cheo aos intereses de Galiza”. “Non pensa que despois de seis meses debe descolgar o teléfono para reunirse cos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica?”, preguntaba Presas ao titular de Industria, a quen instaba a deixar a súa calculada ambigüidade e silencio cómplice neste asunto que ten en vilo a 300 familias na Costa da Morte. “Abandonen a súa calculada ambigüidade, ten que elixir de que lado están, se do lado do imputado Villar Mir ou do lado da Costa da Morte, deixen de ser un Goberno silente porque ese silencio os fai cómplices”, argumentou. Plan industrial Fronte a falta de claridade do executivo de Feijóo, o BNG ten clara cal é a súa posición: “Que este Goberno non venda os recursos naturais do noso país a cambio dun plan autodenominado industrial pero que non é máis que un plan de desmantelamento industrial porque leva asociado a segregación e venda das centrais do Xallas”, explicou. “Pensan permitilo ou non?”, lle preguntou a un conselleiro de Industria que en todo momento evitou responder as preguntas do Bloque. “O BNG ten claro o seu interese que non é, como no caso do PP, que Villar Mir financie as campañas electorais, senón preservar o emprego na Costa da Morte”, espetou Presas, tras expresar que se ben a Xunta leva ignorando aos representantes do cadro de persoal desde Novembro ten dúbidas de que ese silencio “se poda aplicar á dirección de Ferroatlántica”. A deputada nacionalista reclamoulle ao Goberno galego que deixen de usar a escusa de que non hai “un papel formal presentado”, porque a estas alturas “a Xunta debe ser a única que non se enterou de que Villar Mir quere facer caixa cas centrais do Xallas”, concluíu.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

comentarios