Venres. 29.03.2024
El tiempo

O bombeiros salvan Os Muíños

O bombeiros salvan Os Muíños

Novo simulacro de evacuación o que practicaron a pasada semana o equipo do Parque de Bombeiros de Cee no C.E.I.P. "Os Muíños". Ao igual que o ano pasado, o profesorado do centro muxián, xa saben a Escola máis dixitalizada e moderna de toda a bisbarra, grabou todo o simulacro e nos deixa estas imaxes.

Como nos contan dende un dos seus numerosos blogs, o do Remuíño, o obxectivo era comprobar se todo o alumnado e o persoal está preparado para un simulacro real". E abofé que o están, sabendo que o tempo empregado no desaloxo foi de tan só 2 minutos e 32 segundos.

2 minutos de vértigo, nos que o persoal responsable de cada planta encargouse de desconectar o fluido eléctrico e revisar todas as dependencias, e o persoal de cociña comprobou que o gas estaba cortado. Unha vez fóra, todos reuníronse no patio para recibir a felicitación do xefe de bombeiros.

Houbo tempo ademais para as preguntas, e como non, para subir ao camión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios