Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Colexio Manuela Rial Mouzo celebra o seu 50 aniversario con ex-alumnos de excepción

O Colexio Manuela Rial Mouzo celebra o seu 50 aniversario con ex-alumnos de excepción
Esta fin de semana o Colexio Manuela Rial Mouzo celebra o seu 50 aniversario. No acto conmemorativo, que se desenvolverá este sábado 11 de decembro a partir das 12:00h no mesmo centro escolar ceense, participarán personalidades de renome como o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, en calidade de ex alumno. Tamén estará presidindo a sesión o presidente da Fundación Castro-Rial, organizadora do acto, Marcelo Castro-Rial. No acto participarán, ademais, o alcalde de Cee, Ramón Vigo; o director xeral de Centros da Consellería de Educación, José Manuel Pinal Rodríguez; e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. As autoridades visitarán as instalacións do centro e, a continuación, realizarán intervencións abertas aos medios de comunicación no Salón de Actos do Colexio.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ideo.

Comentarios