Venres. 29.03.2024
El tiempo

O cómic volve ser protagonista nos Concursos culturais da Biblioteca de Cee

O cómic volve ser protagonista nos Concursos culturais da Biblioteca de Cee
A-Biblioteca-de-Cee-editou-o-segundo-libro-dos-seus-Concursos-Literarios

Xa nolo avanzaba José Ramón Rey Senra, durante a nosa visita á estrea da Biblioteca na Casa da Cultura. Máis de 20 anos e 5000 traballos levan estes Concursos de achegamento á cultura que artella o propio técnico da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”. “E cada ano imos a máis”, apunta.

Uns concursos que dependen en boa medida da vontade dos mestres, como case todas as actividades extraescolares. Pero parece que hai mestres implicados por toda a volta, pois sempre chegan traballos dos centros de ensino de Cee, Carnota, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vilarmide ou O Pindo.

Para este curso 2014/2015, mantendo a intención da animación cultural, a Biblioteca e a Concellería de Cultura, Educación e Deportes volven, convocar os seus concursos, co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura. Falamos do XXIV Concurso Literario de Achegamento ao Libro e o concurso Na Procura do Noso IX Marca-Páxinas (este ano só para Primaria). Pero ademais, este ano recuperan concurso “Na procura do noso Cómic”, aberto para tódolo/as alumno/as de Educación Primaria e Secundaria.

A Biblioteca quere agradecer a labor da Imprenta Paco que realiza de balde os marca-páxinas, tal como leva facendo os últimos nove anos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios