O Comité de Empresa de Ferroatlántica ve nas ameazas do presidente a "desesperación" da venta das centrais
20:35 28/03/17
A produción hidroeléctrica e as fábricas de ferroaleacións de Ferroatlántica
"Ferroatlántica está demostrando a súa verdadeira faciana coas ameazas e chantaxes feitas públicas nos medios de comunicación; manobras a través das que pretende facer recaer no conxunto dos traballadores e traballadoras a responsabilidade da ilegal operación que quere levar adiante" manifestan dende o Comité de Empresa de Ferroatlántica despois das declaracións feitas polo presidente da empresa - Pedro Larrea - onde asegura que "sen a venda das centrais haberá recortes".
Para os traballadores e traballadoras da empresa, o presidente "esquece un pequeno detalle" nas súas declaracións, xa que tal e como indican, Ferroatlántica non é propietaria das centrais se non que só ten unha autorización administrativa que lle obriga a manter vinculadas ambas actividades.
"Estas presións non supoñen unha novidade xa que dende o Comité levamos meses denunciando as ameazas tanto aos comités e ao persoal das distintas fábricas como ás entidades beneficiadas pola responsabilidade social corporativa", manifestan os representantes dos traballadores. Para eles, a empresa segue presentando en cada unha das súas declaracións un baile de cifras e investimentos e xeración de emprego que "día a día fan menos críbel o famoso plan industrial".
A empresa continúa enredando e presenta en cada ocasión un baile de cifras de investimentos e xeración de emprego que, día a día, fan menos críbel o famoso plan industrial.
Ofensiva mediática
"Nesta ofensiva mediática, Ferroatlántica pretende facernos crer que a actividade hidráulica non é un sector estratéxico para o grupo na actualidade, ao tempo que presenta as fábricas como o grande activo da compañía, competitivas e viábeis por si propias. Pero este argumento resulta contraditorio coas ameazas e anuncios de recortes que o Sr. Larrea lanza nos medios" sinalan dende o Comité de Empresa.
Os representantes dos traballadores manifestan que é evidente que coas cifras indicadas polo presidente de Ferroatlántica, en termos de beneficios económicos, a Costa da Morte non xera a débeda anunciada. "Non entendemos entón por que a comarca ten que pagar unha débeda ocasionada por movementos da compañía a nivel mundial, fundamentalmente derivados dunha fusión especulativa coa americana Globe. A única débeda que a Costa da Morte ten contraída é a débeda histórica que a empresa acumula pola explotación e espoliación dos nosos recursos naturais. Esta é a débeda que Ferroatlántica non se atreve a pór enriba da mesa" indican os representantes dos traballores e traballadoras.
Asimesmo, dende o Comité de Empresa recordan que durante 25 anos a Costa da Morte foi testemuña de como os beneficios xerados polas concesión dos aproveitamentos hidráulicos e pola actividade das fábricas emigraban e servían para financiar proxectos fóra da comarca, e de como eses mesmos beneficios non repercutiron na bisbarra, na modernización e mellora das factorías e na creación de novos empregos. "Como se pode crer que o Grupo Villar Mir apareza agora cargado de proxectos millonarios para a comarca?" indican dende o Comité da Empresa.
Na reunión do Comité do pasado venres, ademais do escrito remitido á dirección da empresa, acordouse pór en coñecemento tanto da suposta empresa compradora, como das autoridades bolsistas americana e londiniense, o parecer xurídico da Universidade da Coruña contrario á venda e segregación, advertindo a todas as partes que, de levarse a cabo, sería un operación ilegal. De igual xeito, enviouse escrito á Consellería de Industria para reiterar a solicitude de reunión e solicitarase dos alcaldes da comarca que apoien tamén esta demanda.
"A comarca estase xogando o seu futuro, a Xunta non pode seguir a mirar para outro lado e manter unha actitude cómplice. Até cando vai consentir o Goberno galego as ameazas publicas desta empresa, que pretende pasar por enriba da legalidade vixente e ademais menospreza as funcións e atribucións da propia Consellaría?. A Xunta non pode ignorar o rexeitamento rotundo que a Costa da Morte amosou na multitudinaria manifestación do pasado 10 de marzo contra a esta venda especulativa. Ten que estar a altura e desautorizar clara e inequivocamente calquera tentativa de venda. Non facelo supón condenar a comarca ao paro e á pobreza. Unha vez máis, o Comité amosa a total disposición ao diálogo sempre e cando a empresa desista das súas ilegais pretensións e presente un plan que sexa críbel e uns proxectos financiados a través dun plan plurianual de reinvestimentos en todas as actividades que o grupo explota" manifestan os traballadores e traballadoras da empresa.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 24-03-17: O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
- 17-03-17: O BNG pide que o goberno galego non acepte as “chantaxes” de Ferroatlántica.
- 14-03-17: O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
- 11-03-17: Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica.
- 10-03-17: Día de folga e manifestación por Ferroatlántica.
- 08-03-17: Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar.
- 07-03-17: O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga.
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga.
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])