Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais

O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
Comite de Empresa na Manifestacion de marzo-FotoRafa Quintans O Comité de Empresa de Ferroatlántica liderando a Manifestación de marzo-FotoRafa Quintans

Unha semana case de silencio no caso Ferroatlántica… Parece que poucos movementos houbo nestes días, a raíz do comunicado que envía hoxe o Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. Un Comité que se reunía este venres 24 de marzo, na que acordou non acudir á reunión convocada pola empresa para o vindeiro luns en Madrid.

O Comité, como xa lle ten trasladado á dirección, amosa “a súa total disposición ao diálogo e á negociación dun plan industrial, pero baixo unha premisa irrenunciábel: que a empresa desista publicamente da operación ilegal de venda das centrais hidroeléctricas e da segregación das actividades”. Unha condición que sustentan na “ilegalidade da operación que Ferroatlántica pretende levar adiante fica demostrada por recentes informes xurídicos independentes, que reafirman as sentenzas xudiciais existentes e avalan o contido das declaracións e posicionamentos institucionais aprobados en contra da venda e da segregación das actividades”.

Así, aos traballadores parécelles “un insulto a insistencia de Ferroatlántica en manter unha reunión con este Comité, ignorando o clamor de toda unha comarca que, o pasado 10 de marzo saía masivamente ás rúas para reclamar ao lado dos traballadores e as traballadoras da empresa, xustiza social polo castigo sufrido durante 25 anos de explotación e espoliación dos nosos recursos naturais. Unha comarca que veu como os beneficios xerados serviron para potenciar e enriquecer outras empresas do Grupo no mundo, mais non para reinvestir na modernización e ampliación das capacidades produtivas das fábricas na Costa da Morte”.

”Plan industrial”?

Por parte do Comité, seguen a denunciar que ese "plan industrial que continúan a anunciar non é digno de tal nome, xa que se fundamenta na venda das centrais hidroeléctricas e polo tanto representa un verdadeiro plan de desmantelamento e reconversión”.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios