Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica

O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica
Nova Concentración as portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens Nova Concentración as portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens

Volveron as concentracións ás portas da fábrica de Brens en contra do Acordo Marco, e coa intención de forzar á dirección a manter negociacións para aprobar o convenio colectivo no centro de traballo, unha vez que as fábricas de Brens e Dumbría son as únicas do estado que se manteñen fóra do Acordo. Foron máis alá os membros do Comité, queimando, literamente, o Acordo nun claro xesto de protesta.

Continuarán as protestas, sen descartar outra folga, esperando que a Dirección se sente a negociar ou que comece o proceso de Arbitraxe.

O Comite de Ferroatlantica queima o acordo marcro O Comite de Ferroatlantica queima o Acordo Marco

A CIG denuncia un despedimento dun traballador por suposta represión sindical

Así mesmo, a CIG realizou unha concentración este mércores diante dos xulgados de Santiago para esixir a readmisión dun traballador de Stolt Sea Farm, entre os que se atopaba o propio alcalde de Carnota, Moncho Noceda. Para a central sindical “estamos ante un clarísimo caso de represión sindical xa que o despedimento se produciu xusto 15 días despois de denunciarse o convenio colectivo e afecta a un traballador que foi delegado de persoal pola CIG en varias ocasións”.

O traballador, afiliado ao sindicato maioritario na planta, levaba 27 anos na empresa.

A empresa non vai facer declaracións aos respecto.

Historia do Caso Ferroatlántica

https://quepasanacosta.gal/o-comite-de-ferroatlantica-cee-dumbria-o-unico-en-espana-sen-acordo-macro-volve-as-concentracions/

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios