Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Os cruceiros de Brens deixan de ser pantasmas

Os 169 pasaxeiros do Cruceiro Le Dumont D’urbille puideron achegarse ata Cee dende o porto de Brens-Foto-Marcos Rodríguez
Os 169 pasaxeiros do Cruceiro Le Dumont D’urbille puideron achegarse ata Cee dende o porto de Brens-Foto-Marcos Rodríguez
Os cruceiros de Brens deixan de ser pantasmas

Desta vez non foi un cruceiro pantasma. O Le Dumont D’urbille, un minicruceiro francés de luxo (os prezos por pasaxeiro oscilan entre os 5.000 e 20.000€) fixo parada esta tarde de xoves no porto de Brens. E os seus 169 pasaxeiros, na maioría persoas maiores, non montaron directamente nun autobús cara Fisterra como en anos anteriores, senón que tiveron unhas horas para coñecer o corazón comercial da Costa da Morte.

Expedicion municipal de Cee no Cruceiro Le Dumont Durbille

Como comproboaron a expedición municipal formada pola alcaldesa Margarita Lamela e o concelleiro Juanma Buiturón, esta era a viaxe inaugural dun novo paquete da mesma empresa que trouxo o pantasma Le Boreal. Aseguran que van volver todos os anos, e dende o Concello ofrecéronse para establecer liñas directas de comunicación para organizar algunha ruta e intentar que pasen algo máis de tempo na nosa bisbarra. Os membros municiàis deixaron 1000 panfletos turísticos a bordo, para repartir entre estes pasaxeiros e os vindeiros.

Os turistas, puideron pasar un par de horas na vila da Xunqueira antes de embarcar de novo e marchar direcciñon Leixoes, en Oporto.

Cruceiro que parou en Cee-Foto-Marcos Rodriguez
Foto: Marcos Rodríguez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios