Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Deporte encheu as rúas de Cee

O Deporte encheu as rúas de Cee
O Club Cee Deportes de Contacto no Dia do Deporte na Rua en Cee-Foto-Rafa Quintans O Club Cee Deportes de Contacto no Dia do Deporte na Rua en Cee-Foto-Rafa Quintans Máis de 200 nenos e nenas pasaron polas diferentes "estacións" dos clubes do municipio dende ás 11:30 ata as 14:00 horas, amosando que a actividade física e deportiva está "viva" no concello de Cee. O club de baloncesto ACB Costa da Morte, o club de atletismo A.D. Olimpia, o club Fútbol Sala Femenino Villa de Cee, o Club Ciclista Cee e o Club Cee Deportes de Contacto ofertaron diversas actividades e saíron ás rúas para amosar o bo traballo que están a facer nos últimos anos, que animando así aos máis pequenos. Dende o Servizo de Deportes do Concello de Cee, queren agradecer a todas as entidades que tomaron parte nesta edición polo seu traballo e compromiso, e que demostran a súa capacidade organizativa. Ao mesmo tempo tamén agradecer a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, que en todo momento estiveron pendientes atendendo pequenos percances propios deste día (caídas,...) Dia do Deporte na Rua en Cee-Foto-Rafa Quintans 2Dia do Deporte na Rua en Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Fotos do Día do Deporte na rúa de Cee de Rafa Quintáns

Comentarios