Luns. 07.10.2024
El tiempo

O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte

O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte
O #inFórum16 de Carballo conmemorou o día da Muller coa "Roupa tendida" O #inFórum16 de Carballo conmemorou o día da Muller coa "Roupa tendida" Onte, 8 de marzo, celebrouse a nivel internacional o día da Muller. A ONU declarou oficialmente este día no ano 1975 para reivindicar a igualdade dos dereitos das mulleres ainda que as reivindicacións veñen dende moitos anos antes. Polo camiño, a efeméride cambiou de data e perdiu a palabra "traballadora". Máis de corenta anos despois o día na Costa da Morte pasou con poucas celebracións pero sí con moitas reclamacións (sobre todo nas redes sociais): o fin da discriminación, o non á violencia, a igualdade salarial... Redes sociais O concello de Malpica reivindicou o día da Muller a través da súa páxina de Facebook O concello de Malpica reivindicou o día da Muller a través da súa páxina de Facebook   Unha boa parte dos concellos da Costa Morte reivindicaron o día da Muller a través do seu perfil nas redes sociais, principalmente no Facebook. Nuns casos, aproveitaron a ocasión para compartir unha imaxe protagonizada por unha ou máis mulleres do concello. E noutros fixérono a través dun cartel a través do cal lle rendían unha pequena homenaxe a todas as mulleres. En todo caso, na maior parte das imaxes estaban acompañadas de pequenos manifestos no que se mostrou o apoio á igualdade de xénero en todo o mundo. #inFórum16 Durante a xornada celebrada onte no #inFórum workIN Carballo tamén houbo tempo para celebrar o día da Muller. As protagonistas foron Silvia Losada, Noelia Barreira, Paula Rama, Fátima Rodríguez, Loli Platas que relataron as súas experiencias como emprendedoras e teremos algunha que outra sorpresa. Na planta baixa do Fórum quixeron conmemorar o día a través da mostra "Roupa tendida" (Imaxe de cabeceira) Vimianzo A Cruz Vermella de Vimianzo instalaou un photocoll na praza do concello A Cruz Vermella de Vimianzo instalaou un photocall na praza do concello En Vimianzo celebrouse o día da Muller con moitos sorisos. Os culpables foron os voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella que instalaron un "photocall" na praza do concello (pola mañá) e no parque (pola tarde) no que os veciños e veciñas sacaron divertidas fotografías. Baixo o lema #fotografiateconIgualdade foron moitos os que quixeron reivindicar o día da Muller dun xeito diferente. Para levar a cabo esta iniciativa contaron co apoio dos nenos e nenas que asisten semanalmente ás clases de apoio escolar xa que foron eles os encargados de elaborar o "photocall" e os complementos para as fotos. Ademais desta actividade, dúas voluntarias da Cruz Vermella de Vimianzo repartiron folletos informativos e con actividades para nenos e nenas A biblioteca de Vimianzo inaugurou un Recuncho Violeta A biblioteca de Vimianzo inaugurou un Recuncho Violeta Pola súa banda, a biblioteca municipal de Vimianzo aproveitou o día para inagurar p "Recuncho violeta", un pequeno espazo con libros para todas as idades e todos os públicos que "irá medrando pouco a pouco". Acordos Os alcaldes de Malpica, Coristanco e Ponteceso firmaron un convenio co CIM de Carballo Os alcaldes de Malpica, Coristanco e Ponteceso firmaron un convenio co CIM de Carballo Os alcaldes de Malpica, Coristanco e Ponteceso, desprazáronse onte ata Carballo para formalizar a sinatura dun convenio que lle permitirá ás mulleres de ditos concellos recibir unha atención integral no Centro de Información á Muller - CIM - de Carballo. Cee Dúas taxistas contaron a súa experiencia persoal no CIM de Cee Dúas taxistas contaron a súa experiencia persoal no CIM de Cee O concello de Cee, en colaboración co CIM e co centro social da vila, organizou a onte un almorzo no que estiveron presentes dúas das únicas mulleres taxistas na comarca - Pilar García Ínsua e Raquel Outes Piñeiro -. Elas foron as encargadas de contar a súa experiencia persoal nunha profesión maioritariamente de homes. O CIM de Cee organizou varias actividades nas escolas infantís da Pereiriña e de Brens O CIM de Cee organizou varias actividades nas escolas infantís da Pereiriña e de Brens Pola súa banda, o Centro de Información ás Mulleres de Cee tamén quixo extender a celebración do día da Muller ás escolas infantís. Así que a técnico de normalización lingüística desprazouse ata os centros educativos da Pereriña e de Brens para dar a coñecer aos máis pequenos dous contos: "Furacazolos e Botaborrallas" e "Un día de treboada", que relatan como a igualdade é posible e como o cambio de roles nas tarefas domésticas é cada vez máis un feito. Os máis cativos deleitáronse coas distintas aventuras dos seus protagonistas. Concello de Muros As mulleres máis lonxevas de Muros recibiron onte unha homenaxe As mulleres máis lonxevas de Muros recibiron onte unha homenaxe O auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros acolleu na mañá de onte unha homenaxe ás mulleres máis lonxevas do concello. Alí as protagonistas (unha por parroquia) recibiron un agasallo elaborado pola asociación ADIBISMUR. Este encontro reuniu a distintas xeracións do municipio muradán. Delfina Piñeiro Caamaño, veciña de Esteiro, que con 102 estivo presidindo a mesa. Estivo acompañada de Balbina Eiras Castro, veciña de Tal, de 96 anos e de Josefa González Hermida, veciña de Louro, de 95 anos. Íntegro A asociación Íntegro aproveitou a data para presentar o Punto de Intervención á Muller con Diversidade - PIMD Rural -. Con este novo servizo que ofertarán os concellos de Malpica, Laxe, Cabana e Ponteceso amplíase o asesoramento e a intervención integral para persoas con diversidade funcional, especialmente mulleres. No acto de presentación estiveron representantes dos concellos que se unen ao programa, o presidente da asociación - Adolfo López Baña -, a directora do centro, Noelia Barreira, e a psicóloga de Íntegro, Begoña Rial.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios